Estudiantes instálase no liderado tras impoñerse en Vigo ao Celta

En 1ª División, Preinfantil, Principal

Golpe de autoridade das de Gemma Souto , que se sobrepoñen ás adversidades e chegan ao parón da competición como líderes do Galego Preinfantil feminino

CELTA DE VIGO 50 – ESTUDIANTES 58

Estudiantes, que non volverá competir ata o cinco de maio na Liga Galega preinfantil, gañouse a pulso pasar o parón no máis alto da clasificación como mellor equipo de Galicia. As de Gemma Souto seguen asinando unha espectacular tempada pese aos numerosos contratempos que teñen que afrontar, especialmente en forma de lesións. Pero lonxe de lamentarse, cada compoñente do equipo pon ao servizo do grupo un plus individual para minimizar as ausencias.
Estudiantes é líder da competición tras impoñerse a todo un Celta en Vigo, e botando a vista atrás, lidera a clasificación por ese puntazo co que recuperaron o average particular con BBCA no partido que ambos equipos disputaron para despedir a primeira fase da competición.
Agora serán os demais os que terán que apear do primeiro escalóns ás celestes, e visto o rendemento do equipo, teñen un serio problema.
Estudiantes presentouse en Vigo seguro de si mesmo, conscientes de que facendo as cousas ben terías posibilidades e así foi.
Nos primeiros minutos apenas houbo canastras, pero as sensacións eran boas e ao final do primeiro cuarto Estudiantes mandaba por dous puntos, 10-12. O Celta intentou reaccionar, pero atopouse cunha defensa lucense no seu máximo esplendor que roubou balóns, e aínda que en ataque non estiveron de todo acertadas, Estudiantes impúxose 12-17 e deixou o marcador ao descanso en 22-29.
A reacción local na segunda parte era de esperar e o Celta non defraudou. A Estudiantes volveulle a custar meterse no partido e as locais, cun parcial de 20-11, déronlle a volta ao marcador. Con todo, unha vez máis, cando peor pintaban as cousas, Estudiantes tirou de orgullo e calidade. As de Gemma Souto foron mellores que o Celta en Vigo e nos últimos dez minutos, cun parcial de 8-18, asinárono no marcador remontando e asaltando o liderado co definitivo 50-58.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu