Estudiantes infantil masculino, campión Galego

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal grande

JAVIER PEINÓ – Estudiantes

“Hoy toca felicitar a los doce jugadores, no es nada fácil conseguir el título de la Liga Gallega infantil, pero ahora hay disfrutarlo y seguir mejorando. A partir de ahí, intentaremos competir lo mejor posible en el próximo Campeonato de España”

ESTUDIANTES 97 – SEIS DO NADAL 63

Estudiantes tiña tres balas na recámara para proclamarse Campión Galego infantil. Para iso os de Javi Peinó tiñan que gañar un dos últimos tres encontros, pero o suspense non é algo que vaia cunha xeración que é posiblemente a mellor do baloncesto galego na actualidade, specialmente en canto a números.
Seis do Nadal presentouse no Anexo, pero os celestes varreron ao seu rival desde os primeiros minutos cun parcial inicial de 9-0 co que deixaban claras as súas intencións. Os visitantes reaccionaron, pero o primeiro cuarto pechouse con 21-12.
Estudiantes demostrou que o título de Campión é un traxe que lle senta a medida. O baloncesto realizado polos de Javi Peinó no segundo parcial foi espectacular, e con iso puxeron terra polo medio no marcador cun 32-17 co que se chegou ao descanso con 52-29.
Lonxe de caer na relaxación, a segunda parte volveu ter a intensidade como sinal de identidade do xogo celeste, chegando Estudiantes a mandar no marcador con diferenzas por encima dos 40 puntos.
Tan só na recta final do encontro a emoción por telo practicamente feito fixo que os celestes desviasen un pouco a atención da pista.
Estudiantes celebrou o título Galego sobre a pista ao terminar o partido como se merece, pero seguro que esta xeración e corpo técnico xa están a día de hoxe coa mente posta nas dúas últimas xornadas e, sobre todo, co próximo campionato de España no que seguro que terán cousas que dicir ante os mellores equipos do baloncesto nacional.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu