O Estudiantes cadete masculino gústase

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal

De menos a máis ata coller un ritmo imparable con anotación de todos os xogadores A resistencia de Narón no Anexo durou o primeiro cuarto, no que se viu un partido igualado e marcado polas defensas. Os visitantes conseguiron que Estudiantes non estivese cómodo sobre a pista nos primeiros dez minutos, pero o bo ton que tamén exhibiron os de Javi Peinó atrás propiciou que o primeiro parcial se pechara con 21-12 no marcador.
A partir de aí Estudiantes foi subindo o nivel de esixencia, metendo unha marcha máis ao partido co que empezaron a atopar cada vez máis espazos na defensa visitante para ir ampliando a diferenza no marcador co paso dos minutos ata chegar ao descanso con 40-21 no electrónico.
Lonxe de relaxarse no intermedio, Estudiantes encarou a segunda parte coa mellor predisposición posible, impoñendo un listón de esixencia moi alto en defensa, con velocidade e acerto en ataque. Todo iso viuse reflectido no marcador cun terceiro parcial de 34-6.
Todos os xogadores dispoñibles neste encontro aportaron o seu grao de area para chegar ao 104-39 final que reflicte a superioridade lucense nun partido no que Estudiantes deu o seu primeiro gran aviso do que é capaz de facer este curso.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu