Estudiantes gañou tres dos catro parciais ao Celta

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

JULIA PENA – Estudiantes

“Merecimos algo más, jugamos un gran partido”

ESTUDIANTES 53 – CELTA 59

Estudiantes e Celta disputaron un dos mellores partidos que se poden dar na Liga Galega infantil feminina. As expectativas eran moi altas, pero a realidade superou a ficción unha vez máis.
O Celta presentouse no Anexo como líder, pero as de Julia Pena fixéronllo pasar moi mal, gañando en tres dos cuarto parciais. Con todo, o 7-18 do segundo cuarto resultou determinante.
De inicio Estudiantes estivo a un nivel moi alto, tanto en defensa como en ataque, onde tomaron sempre boas decisións. Mentres que en defensa obrigaban ás visitantes a tirar de lonxe, aínda que nese aspecto o Celta mostrou a súa calidade para manterse preto no marcador, 15-14.
No segundo cuarto a Estudiantes custoulle saír da primeira liña de presión, propiciando o Celta perdas e conseguindo canastras fáciles á contra para irse no marcador ata o 22-32 ao descanso.
Na segunda parte, lonxe de irse do partido, Estudiantes apelou ao traballo colectivo para ir recortando distancias aos poucos grazas a unha gran defensa e á claridade de ideas en ataque, axustando o marcador ata o 50-51 a menos de tres minutos para o final.
Os pequenos detalles en xogadas puntuales déronlle a vitoria ao Celta no desenlace final, no que as baixas porcentaxes de acerto no tiro libre e a fortuna que non estivo ao lado celeste, propiciaron o 53-59 nun gran encontro de baloncesto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu