Estudiantes gaña con solvencia ante Porriño

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“El trabajo que hacen las niñas marca la diferencia y tiene mucho valor”

ESTUDIANTES 65 – PBB B 15

Estudiantes resolveu cunha vitoria sólida o partido da súa volta á competición despois de dúas semanas sen xogar, e da derrota ante o RC Celta.
As estudiantís pecharon a acta no último cuarto do partido, cando chegaron aos cincuenta puntos de diferenza, sobre un rival que se clasificou como cuarto do grupo Sur e que logrou unha vitoria nesta segunda fase do campionato.
O equipo de Fernán Varela notou a inactividade nos primeiros minutos do encontro, pero axiña tomou as rendas logrando as primeiras vantaxes e ampliando o marcador coa contribución de todas as xogadoras do equipo, tanto en defensa, unha faceta na que cada vez é máis evidente a mellora con respecto aos primeiros meses da temporada, como en ataque,
O xogo colectivo volveu ser a fortaleza do conxunto estudiantil, que se mantén na zona alta da clasificación con sete vitorias, as mesmas que Giraldo, e só unha por detrás do gran favorito ao título, o RC Celta.
Estudiantes Lugo encara agora o parón de Semana Santa. Á volta, terá que disputar o partido aprazado a pasada fin de semana polo temporal, contra Bosco, previsto para o 2 de abril no Anexo co que completará os catro encontros da primeira volta desta segunda fase polo título galego.
O día 8 terá que medirse ao CB Allariz, ao que xa lle gañou no inicio da competición, 72-44.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu