Estudiantes gaña no debut e irá a Vigo para asaltar o liderado

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino

FERNÁN VARELA – Estudiantes

Muy contento con el trabajo de todo el equipo. Todas las jugadoras compitieron a un muy buen nivel”

ESTUDIANTES 72 – ALLARIZ 44

Estudiantes debutou anticipadamente na segunda fase da Liga Galega preinfantil, xa que as de Fernán Varela adiantaron o primeiro encontro ante Allariz, disputado fai quince días no Anexo.
O encontro presentábase de poder a poder, porque Allariz quedou subcampeón do grupo Sur e as lucenses levaban varias semanas sen competir. Con todo, isto converteuse en ganas e Estudiantes saltou á pista cunha gran motivación e con compromiso de facer as cousas ben.
No primeiro parcial as celestes tomaron o mando con 23-11 no marcador e 17-11 no segundo para chegar ao descanso con 40-22.
Co partido visto para sentencia Estudiantes baixou o ritmo de intensidade nos segundos vinte minutos, nos que empezou a poñer a mirada en Vigo, onde as de Fernán Varela intentarán discutirlle ao Celta o primeiro posto da clasificación.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu