Estudiantes gaña con galóns e con fortuna para continuar invicto

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

JAVIER PEINÓ – Estudiantes

“Tuvimos suerte al final, pero buscamos la victoria durante los 40 minutos”

PELETEIRO 62 – ESTUDIANTES 63

Todo campión e todo equipo que poida manterse invicto necesita, de cando en vez, unha dose de fortuna, e Estudiantes non é menos. Os de Javi Peinó estiveron contra as cordas en Santiago ante Peleteiro, pero saíron airosos mostrando os seus galóns e con parte desa fortuna necesaria.
Antes de chegar ao frenético desenlace final o encontro tivo un prólogo, e máis tarde un guión que rozou a épica. Nos primeiros minutos xa houbo intercambio de golpes tras unha mellor posta en escena dos lucenses que pronto tivo resposta local para pechar o primeiro cuarto cun axustado 15-17.
Isto foi a antesala dun segundo parcial de poder a poder no que a calidade ofensiva de ambos equipos impúxose ás variantes defensivas, cun 21-21 que deixaba o marcador en 36-38 sen que a diferenza se fose en ningún momento por encima dos tres puntos.
Tralo descanso Estudiantes volveu ter unha mellor posta en escena e foise no marcador ata os dez puntos de vantaxe, unha renda que nun partido tan igualado semellaba definitiva, pero nada máis lonxe da realidade.
Peleteiro reaccionou ao grande e deulle a volta ao marcador con autoridade para chegar aos últimos dez minutos cinco puntos arriba, a máxima vantaxe dos composteláns ao longo do encontro.
Estudiantes apelou á calma, pero non podía empatar o encontro que entrou no último minuto con máis tres para Peleteiro e balón para os lucenses, que anotaron nesa acción. Unha boa defensa propiciou o roubo de balón e canastra coa que o conxunto celeste lle daba a volta ao partido. Pero Peleteiro aínda tiña a última posesión na que, a falta de dez segundos, dispuxo de dous tiros libres que fallou e ata dun último lanzamento tras rebote no que o balón tampouco quixo entrar.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu