Estudiantes gaña un duelo de invictos ante Marín

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“Enhorabuena por la victoria en una pista complicada. A seguir trabajando”

MARÍN 44 – ESTUDIANTES 50

Estudiantes resolveu con triunfo o partido máis complicado deste inicio de Liga. Un duelo entre equipos invictos xa que, coma as lucenses, Marín chegaba ao choque do pasado sábado sen perder ningún encontro,
A boa posta en escena permitiulles ás lucenses lograr axiña as primeiras vantaxes. Moi concentradas, traballando ben en defensa, e dominando a campo aberto para xenerar superioridades nos contraataques, as de Fernán Varela asinaron un parcial de 5-12 no priemeiro cuarto.
A falta de acerto nalgúns pases e lanzamentos impediulles sumar os puntos necesarios para romper o encontro antes do descanso ao que se chegou con 16-26 no marcador.
Na segunda metade Marín optou por defender a media pista, agardando ás estudiantís na súa cancha. Ás lucenses custoulles interpretar esta nova situación, algo que aproveitaron as locais para meterse no partido e comezar a recortar distancias ata igualar o encontro ao final do terceiro cuarto.
A Estudiantes estáballe custando engancharse e empezar a competir de novo, pero a reacción no último cuarto foi boa. Máis concentradas e de novo intensas no traballo defensivo as lucenses recuperaron balóns xenerando as situacións para correr e anotar, volvendo a recuperar o mando do encontro. As visitantes volveron abrir diferenzas de 6 e ata 8 puntos que lles permitiron cerrar o partido sen máis complicacións.
Estudiantes ten agora dúas xornadas de descanso. Na volta á competición medirase ao BBCA Ermida de Chamorro, que aínda non gañou ningún partido, e, logo, agárdao outro dos rivais a bater, o Giraldo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu