Estudiantes gaña en confianza

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

Tralo discreto partido en ourense asinaron un gran triunfo

Estudiantes plasmou sobre a pista ante Pontevedra os adestramentos de calidade que realizaron as de Fernán Varela ao longo da semana, dando carpetazo ás regulares sensacións que deixara o equipo a pasada xornada en Ourense ante Bosco.
As celestes fixeron o seu partido á marxe do marcador, que se rompeu desde o inicio e que chegou con 40-10 ao descanso. Na segunda parte Estudiantes mantivo un gran acerto no tiro e soubo ler ben a defensa zonal de Pontevedra para gañar en sensacións crendo no traballo que están realizando pola semana.

“Muy contento con la ejecución de todo lo que queríamos hacer, debemos recordar que podemos hacerlo así siempre. Enhorabuena” FERNÁN VARELA  Estudiantes

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu