Estudiantes Franciscanos rematou a competición con boas sensacións

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino

GEMMA/PABLO – Estudiantes Franciscanos

“Hemos logrado reencontrarnos con nuestro mejor juego para despedir la temporada, que más alla de victorias y derrotas ha estado marcada por grandes momentos. Ha sido un verdadero placer”

ESTUDIANTES 33 – CB ALLARIZ 54

Estudiantes Franciscanos despediu a Liga Galega preinfantil cun partido no Anexo ante o mellor equipo da categoría, un CB Allariz que acabou a temporada sen encaixar ningunha derrota.
Ante un rival desta categoría, as colexiais saíron á cancha cunha actitude valiente, dispostas a pelexar cada balón e coa lección aprendida do partido de ida, sabendo da clara referencia interior do equipo visitante. Así, na primeira metade, as locais conseguiron responder ao xogo do conxunto ourensán, moi superior fisicamente. Despois de acabar dez puntos por debaixo no primeiro cuarto, 6-16, no segundo conseguiron deixar o parcial igualado, 8-8, marchando ao descanso con moi boas sensacións.
Porén, tras o descanso, volveron conceder algunhas canastras fáciles ao CB Allariz, que alongaba as posesións obrigando ás estudiantís a grandes esforzos defensivos que acababan penalizándoas nos últimos segundos. A pesar de que as ourensás foron ampliando a vantaxe no marcador, con parciais de 8-12 no terceiro cuarto e 11-18 no derradeiro, as lucenses non tiraron a toalla acabando a Liga con moi boas sensacións despois dun ecuador de competición complicado, cun calendario moi esixente.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu