Estudiantes foi o primeiro campión galego preinfantil rematando o ano invicto

En 1ª División, 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino, Preinfantil Masculino

Estudiantes Lugo converteuse no primeiro campión galego da categoría preinfantil, que a Federación Galega de Baloncesto puxo en marcha esta temporada dando a oportunidade de disputar unha competición de ámbito galego a xogadores de primeiro ano de infantil.
A superioridade do equipo de José Castro ao longo de toda a temporada levounos a lograr o título a falta de dúas xornadas para o final da competición, que remataron cun pleno de vitorias. Os estudiantis completaron dúas temporadas enteiras sen encaixar ningunha derrota, posto que xa remataran invictos a 2015/2016.
O Be One Ribadeo foi o outro representante lucense na categoría masculina, cunha participación máis que meritoria xa que, malia competir moi condicionados por un plantel moi curto, os de Sama deron a batalla en cada partido e remataron esta temporada de debut como quinto mellor equipo de Galicia, nunha competición en que participaron catorce cadros.
Na categoría feminina, o baloncesto provincial estivo representado por Estudiantes Franciscanos, que tamén se gañou, na primeira fase da temporada, un oco no grupo de equipos que loitaron polo título galego. Na segunda fase, entre os oito mellores de toda Galicia, as xogadoras que dirixiron Pablo e Gemma demostraron unha gran vontade competitiva ante equipos moi superiores fisicamente. A gran progresión do grupo durante a segunda volta convida a facer os mellores prognósticos de cara ao ano que vén.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu