Estudiantes foi de máis a menos ante Narón

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

Tralo descanso os lucenses tiveron dificultades para subir o balón e anotar

Estudiantes foi de máis a menos no debut dos de Ángel Riobóo na Liga Galega preinfantil. Un primeiro encontro no que viaxaron á sempre complicada pista de Narón e na que mostraron durante a primeira parte o competitivos que poden chegar a ser.
Estudiantes empezou valente o encontro, conseguindo un primeiro parcial de 0-6. Aos poucos Narón foi igualando forzas ata pechar o cuarto en empate a 11. No segundo Narón empezou a subir a liña de presión e a Estudiantes empezou a costarlle moito subir o balón e conseguir opcións claras de tiro, polo que se apoiaron nunha sólida defensa para manterse con vida no marcador, que reflitía un igualado 21-18 ao descanso.
As perdas ante a presionante defensa local fixeron que aos poucos se fose rompendo o marcador ao comezo da segunda parte, na que Estudiantes tan só puido anotar 13 puntos ante un Narón crecido e que se foi ata os 39.
Na próxima xornada Estudiantes debutará en casa ante Basquet Coruña, un conxunto que na xornada inaugural alzouse co liderado ao impoñerse 77-44 a BBCA Praia de Sartaña na Coruña.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu