Estudiantes fixo fácil o complicado

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

Traballo en equipo  cunha gran defensa e verticalidade en ataque para borrar da pista a Basquet Coruña no Anexo
Estudiantes asinou un partido case perfecto ante Basquet Coruña na Liga Galega preinfantil. Un duelo que se presumía en principio moi igualado, os lucenses o desnivelaron con autoridade sen conceder ningunha opción aos herculinos no Anexo.
Coruña viuse incapaz de atopar respostas ao xogo de Estudiantes ao longo dos corenta minutos, nos que tomou o mando no primeiro parcial cun 15-8, pero sobre todo no segundo cando puxeron terra polo medio cun 34-16 que deixaba o marcador nun claro e contundente 49-22 ao descanso.
A intensidade defensiva propiciou continuos roubos de balón, e a boa toma de decisións e acerto nas transicións facían o resto para que as distancias fosen ampliándose co paso dos minutos.
Estudiantes demostrou que se pode facer o máis difícil, xa que con traballo ao longo da semana corrixiron os erros que cometeron a pasada xornada e puxérono en práctica sobre a pista no seguinte encontro no que a Coruña tocoulle pagar os pratos rotos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu