Estudiantes feminino pasa aos cruces

En 1ª División, 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Junior Masculino

O Conxunto de Fernán Varela perdeu o primeiro encontro, pero tras gañar onte a Maristas Córdoba ten asegurada a súa presenza nas eliminatorias polo título

 

Os Campionatos de España júnior feminino e masculino están disputándose en Avilés e Zaragoza respectivamente, con presenza do baloncesto lucense da man de Estudiantes júnior masculino e feminino e Ensino feminino.O mellor equipo ata a data é Estudantes feminino que se clasificou matematicamente para as eliminatorias polo título tras impoñerse a Maristas Córdoba onte pola tarde cun axustado 51-54. Hoxe loitarán polo segundo posto do grupo co Luther King tinerfeño. Pero coa seguridade de que Estudiantes estará entre os 16 mellores equipos júnior feminino de España.
Menos sorte tivo o Durán Maquinaria Ensino, que perdeu os seus dous encontros e no seu grupo só pasa o primeiro, polo que as de Miguel López quedáronse sen opcións de clasificarse antes de disputar hoxe o último partido.
O Ensino perdeu na xornada inaugural ante La Paz Torrelavega, 34-50 e ante Ponce Valladolid nun encontro a cara ou cruz por un axustado 44-47

Júnior masculino

Estudiantes Leyma quedou encadrado no grupo da morte, no que os de Marcos López xogan ante equipos júnior de Euroliga como son Gran Canaria, Real Madrid e Valencia Basket.
Na xornada inaugural do domingo os lucenses perderon con Gran Canaria 60-101 e onte á pechadura desta edición aínda non empezara o seu segundo encontro, no que se mediron a todo un Real Madrid.
No último partido da fase de grupos Estudiantes Leyma medirase con Valencia Basket nun grupo no que se clasifican os tres primeiros, quedando eliminado o cuarto. Dúas opcións de vitoria ao peche desta edición, pero ante dous colosos do baloncesto Europeo para os de Marcos López.

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu