O Estudiantes estivo a piques de consumar outra gran remontada

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“No por perder la lectura del partido es necesariamente negativa. Estoy contento con muchas cosas del equipo”

BASQUET CORUÑA 63 – ESTUDIANTES 58

Estudiantes volveu á competición tras un parón que os de Ángel Riobóo acusaron logo de non competir nas dúas últimas semanas. Pese a iso e á derrota, o equipo deixou boas sensacións nunha das pistas máis complicadas da categoría e ante un Basquet Coruña que é un rival directo pola clasificación para a segunda fase da competición.
Estudiantes entrou frío ao partido, en parte pola falta de actividade, pero o certo é que os herculinos foron máis intensos e levaron o marcador ata o 21-9 co que finalizaron os primeiros dez minutos.
A partir de aí o conxunto celeste apelou ao recordo do encontro ante Culleredo no que tamén empezaron cun parcial en contra, 22-9, pero que devolveron rapidamente no segundo.
Nesta ocasión o camiño non foi tan directo, pero Estudiantes púxose o mono de traballo e foi recortando distancias pouco a pouco co 13-18 do segundo cuarto e o 15-17 do terceiro, chegándose a poñer a tan só dous puntos de diferenza no último minuto, no que a moeda caeu do lado dos herculinos pese ao gran esforzo celeste.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu