Estudiantes estará nos play off que se xogarán en Lugo

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

SISE PEINÓ – Estudiantes

“Nos faltó controlar el rebote en Ourense”

BOSCO 70 – ESTUDIANTES 66

Estudiantes estará nos play off que organizará o Ensino en Lugo, onde se medirán os equipos que finalicen a Liga Regular entre os postos segundo e quinto.
O conxunto que dirixe Sise Peiteou disputou dous encontros case consecutivos, perdendo en Ourense ante Bosco tras un duelo de poder a poder e gañando a Compañía de María onte pola mañá. Unha vitoria coa que se aseguraron a presenza na final four.
En Ourense, o partido estivo marcado polo rebote, que foi o principal lastre das celestes ao longo dun encontro de poder a poder desde o primeiro minuto.
O primeiro parcial foi de 15-12 e o segundo, pese ao bo ton defensivo das lucenses, finalizou con 24-20 ao dispoñer as locais de segundas e ata terceiras opcións de tiro. Xa na segunda parte Estudiantes chegou con vida ao tramo final no que tiveron posesión para empatar ou gañar, pero o balón non quixo entrar, cometeron falta e Bosco foise de catro no marcador final, 70-66.
Ante Compañía de María, Estudiantes volveu ter un encontro moi disputado, no que levou o mando do marcador ata que as viguesas puxéronse por diante a falta de cinco minutos. A partir de aí, a boa presión celeste e o acerto no tiro libre levoulles ata a vitoria final, 59-63.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu