Estudiantes estará na final four

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

Tras impoñerse en Ourense a Carmelitas, as de Julia Pena loitarán por unha praza no campionato de España infantil feminino pese a todas as adversidades que tiveron que superar

 

CARMELITAS 50 – ESTUDIANTES 53

Estudiantes estará na final four da Liga Galega infantil feminina. O conxunto que dirixe Julia Pena conseguiu o pase a falta dunha xornada tras superar unha segunda fase moi complicada, sobre todo en canto a ausencias por lesión.
Marta regresou no momento xusto, para selar o pase para a F4 en Ourense ante Carmelitas tras dous meses ausente por lesión.A importancia da clasificación nunha Liga tan dura como esta vese en que as tres primeiras prazas aínda están no aire a falta dunha soa xornada. Celta, Bosco e Peleteiro chegan á última cita con opcións de título Galego.
Estudiantes recibirá a Bosco, un posible rival nas semifinais da final four, mentres que o Celta de Vigo mídese con Peleteiro con todo por decidir, xa que as viguesas impuxéronse por tan só tres puntos ás compostelás no partido de ida, e ao contar cunha vitoria máis que Peleteiro, estas poden pasalas na clasificación si gañan por máis de tres puntos.
Estudiantes aproveitará esta última xornada para afinar a súa posta a punto cun test moi esixente no Anexo, pero xa cos deberes feitos tras aprobar o exame ante Carmelitas.
As lucenses presentáronse en Ourense conscientes de que cunha vitoria estarían na F4. O partido foi ata máis duro do que se esperaba, con moitos contactos, moitas faltas e cos catro cuartos moi igualados. Impoñéndose Estudiantes ao estar máis acertado nos momentos craves do encontro.
A perdas de balón non forzadas foron o principal lastre das lucenses, mentres que a defensa o seu maior sostén, chegando ao último minuto con máis seis no marcador. A partir de aí complicouse o panorama con tres perdas de balón e catro puntos encaixados seguidos, ata dous tiros libres para remontar Carmelitas, pero o segundo non entrou. Celia montou unha contra e cunha canastra e falta provocada selou o triunfo e a clasificación de Estudiantes para a final four, que a falta dunha xornada aínda non ten sede e poderíase disputar en Vigo, Ourense ou Santiago.

 

“Ya estamos en la F4, pero lo más importante es lo que han crecido estas jugadoras a lo largo de la temporada” JULIA PENA Estudiantes Leyma

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu