Estudiantes está a só unha vitoria de proclamarse campión galego

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal grande

JAVI PEINÓ – Estudiantes

“Felicito a todos los chicos por el trabajo realizado, tenemos que seguir trabajando en la misma línea”

ESTUDIANTES 101 – TUI 71

Estudiantes chamou con forza á porta do título Galego infantil masculino tras impoñerse con autoridade a Tui no Anexo, nun partido no que os lucenses exhibiron un nivel moi alto de intensidade nos tres primeiros cuartos nos que deixaron o encontro visto para sentenza.
O conxunto que dirixe Javi Peinó conta agora con tres balas na recámara para alzarse co título, xa que ten con dúas vitorias máis que Rosalía a falta de tres xornadas, e o basketaverage a favor cos composteláns tralos resultados da primeira fase.
O parcial inicial de 12-1 xa puxo a Estudiantes con rumbo fixo, pero lonxe de acomodarse, os celestes asfixiaron a Tui cunha presión defensiva moi alta, acompañada de acerto en ataque para pechar un espectacular primeiro cuarto con 28-15 no marcador. Estudiantes apostou por un partido de ida volta nos segundos dez minutos, nos que Tui tivo moito acerto no tiro exterior, 22-20 para chegar ao descanso con 50-35.
O mellor aínda estaba por chegar, ao comezo da segunda parte na que Estudiantes asinou un impecable terceiro cuarto.
A defensa apenas concedeu opcións nin cometeu erros, ademais de sumarse a iso unha boa toma de decisións e xenerosidade en ataque para romper por completo a Tui cun parcial de 36-16 que deixaba o marcador en 84-51 de cara a uns últimos dez minutos nos que Estudiantes non quixo facer sangue e empezou a centrar a súa atención en Seis do Nadal, próximo rival non Anexo, ante o que de gañar, os de Javi Peinó serán campións galegos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu