Estudiantes enche o depósito de confianza

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“Merecida victoria ante el líder de la competición. Enhorabuena a todo el equipo”

ESTUDIANTES 72 – TUI 71

Estudiantes segue afinando a súa posta a punto de cara aos play off, que se disputarán en Santiago con Rosalía como anfitrión. A mellor forma de chegar á cita decisiva da tempada é sumando vitorias, e si son ante o campión Galego mellor.
Certo é que Tui e Estudiantes, afrontaron o encontro con ausencias, pero no Anexo viuse un partido digno dunha final. Estudiantes, ademais de moldear a súa posta a punto, tamén encheu o depósito de confianza e moral. Os celestes demostraron que tiñan ganas de partido e asinaron unha espectacular posta en escena, desarbolando a todo un Tui en ataque cunha circulación de balón imparable para o campión de Liga.
O primeiro parcial pechouse con 23-10, mentres que no segundo chegou a esperada reacción visitante. Tui devolveulle a moeda a Estudiantes cun 12-21 de parcial que deixaba o marcador en 35-31 ao descanso.
Con todo por decidir na segunda parte, o conxunto celeste tomou o mando nos primeiros minutos. Pero Tui empezou a dominar o rebote nun segundo tempo de poder a poder e de intercambio continuo de golpes. Os corenta minutos semellaban curtos para esta partidazo, polo que se chegou á prórroga. Nela a sorte estivo ao lado celeste, non por xogadas en concreto, senón porque calquera dos dous equipos puido e mereceu gañar, pero nesta ocasión Estudiantes saíu airoso e mandou unha mensaxe aos seus rivais.
Os de Pablo Abuín despedirán esta fase en Porriño, antes de centrar toda a súa atención en Santiago de Compostela para a final four que organizará Rosalía dentro de quince días.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu