Estudiantes emerxeu cando peor pintaban as cousas

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino

Trala derrota ante Obradoiro os de Marcos López volveron á senda da vitoria ante un Bosco Salesianos que vendeu moi cara a derrota, pero os lucenses tiraron de orgullo

Estudiantes fixo súa a máxima de que caer esta permitido, pero nunca renderse. Os de Marcos López reaccionaron ao campión ante unha situación moi complicada que liquidaron con éxito na esixente visita a Bosco Salesianos, sobre todo tras ter aínda na memoria a derrota ante Obradoiro, sufrir coa carga de faltas desde os primeiros minutos de xogo e co hándicap da falta de rotacións, unha vez máis condicionados polas ausencias nunha plantilla xa corta de seu.
Todo iso engade aínda máis valor á vitoria celeste en Ourense. Un triunfo de grupo no que todos aportaron para saír airosos, especialmente cando as cousas peor pintaban para os intereses lucenses.
Bosco, pese a contar con tan só dúas vitorias, foi terceiro na Copa Galicia e pode meter nun problema a calquera equipo como demostrou ante Estudiantes. O partido complicouse desde os primeiros minutos coa carga de faltas de Iago e Mark, engadido ao acerto desde o exterior local que desencadeou nun primeiro parcial de 19-21, mentres que ao descanso chegouse con máis dez para Estudiantes, 36-46.
Ao comezo da segunda parte o partido púxose costa arriba cunha exhibición de acerto en triplos de Bosco, anotando cinco no terceiro cuarto para darlle a volta ao marcador cun parcial de 27-14 que deixaba o electrónico en 63-60 con dez minutos por disputar.
Estudiantes mantivo a calma necesaria, o talento e o esforzo para volver meterse no encontro, darlle a volta ao marcador e impoñerse con solvencia cun último parcial de 14-27 para asinar o definitivo 77-87 co que os de Marcos López sairon airosos e volveron á senda da vitoria nunha Liga Galega júnior masculina na que aínda teñen moito que decir no 2019.

“En los momentos más difíciles del partido, el equipo dio un paso adelante” MARCOS LÓPEZ Estudiantes Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu