Estudiantes “elixe” a Peleteiro

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

O pase ao Campionato de España será a un partido ante as compostelás

PELETEIRO 63 – ESTUDIANTES 67

Estudiantes pechou a Liga Regular en Santiago ante Peleteiro, nun partido no que as de Fernán Varela tiñan o luxo de poder decidir con que rival querían medirse nas semifinais dos Play Off. Un encontro no que estará en xogo un posto no Campionato de España júnior feminino que se disputa en Avilés.
Estudiantes, lonxe de especular, foi a polo partido para chegar con dinámica ganadora á final A4 que organizará os días 13 e 14 deste mes. A semana non foi a idónea, con moitas ausencias por excursións escolares pero unha vez que empezou o partido Estudiantes púxose o mono de traballo. Non foi o seu partido máis brillante, pero unha vez máis en canto a esforzo e compromiso as celestes estiveron de dez.
Peleterio chegou a mandar por cinco puntos na primeira parte, pero Estudiantes agarrouse ao encontro e na segunda, cun último parcial de 15-19 selou a vitoria.

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu