Estudiantes e Ribadeo cadete abren distancias na loita polo titulo

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal

CIDADE 52 – RIBADEO 64

CB CELTAS 59 – MGR SARRIA 53

ESTUDIANTES 02 76 – HIERROS 57

CB BURELA 82 – AXSC 31

ORAL DESIGN 34 – ESTUDIANTES 03 72

 

Estudiantes e CB Ribadeo marcaron distancia fronte aos seus perseguidores coas súas vitorias esta xornada. Os celestes impuxéronse a Hierros Ferreiro que, despois dun inicio intenso co que conseguiron anotarse o primeiro cuarto, 15-17, non puido manter o nivel e viu como os locais se marchaban no marcador e pechaban o partido con comodidade, nun final moi distinto ao da primeira volta no que a diferenza entre os dous equipos fora de só dous puntos.
O Ribadeo tirou das individualidades – Mario González, na primeira parte, e Gautama, na segunda- para vencer a Cidade de Lugo nun partido xogado a rachas, no que os dous equipos tiveron vantaxes no marcador ata o último cuarto no que os de Rubal fraguaron o triunfo que os mantén segundos, a unha vitoria de Estudiantes e con opcións de competir polo campionato.
O inicio da segunda volta deixou con unha vitoria máis a CB Celtas, CB Burela e Estudiantes 03.
Os de Foz venceron ao MGR Sarria nun partido con dúas partes moi distintas, unha para cada equipo, na que gañou quen mantivo maior tranquilidade nos instantes nos que o marcador estivo igualado.
O CB Burela logrou unha vitoria plácida ante Sagrado Corazón, que só por momentos amosou os síntomas de mellora de pasadas xornadas.
Estudiantes 03 asinou o seu quinto triunfo en Sarria, onde dominou dende o inicio o encontro ante Oral Design.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu