Estudiantes é o novo líder da competición tras superar a Narón

En 1ª División, Alevín

IAGO CASTRO – Estudiantes

“Deseamos seguir trabajando juntos y con ilusión para seguir afrontando todos los restos que se nos pongan por delante”

ESTUDIANTES 86 – NARÓN 83

Estudiantes impúxose a Narón nun gran encontro no Anexo que tivo dobre recompensa ao traballo e esforzo dos celestes, xa que os de Iago Castro alzáronse coa vitoria e ascenderon ata o primeiro posto da clasificación do seu grupo na Liga Galega alevín.
Os dous primeiros cuartos de Estudiantes foron sencillamente espectaculares, cunha defensa un para un que se mantivo ao longo do encontro e coa que secaron a Narón ao comezo do encontro.
16-9 e 18-12 nos dous primeiros parciais. No terceiro, Estudantes pasou os seus peores momentos, cun baixón do que se repuxo apelando á forza do grupo para manterse con vida no encontro, 4-17, co que se chegou ao descanso con empate a 38 puntos.
Estudiantes recuperou forzas no intermedio e con toda unha segunda parte por diante, os de Iago Castro tomaron as rendas no marcador cunha pequena vantaxe que souberon administrar ata os minutos finais nos que se decidiu o encontro.
Narón, que na primeira volta impúxose por 37 puntos aos lucenses, sufriu a melloría dos celestes nun final de infarto no que tiveron a cabeza fría e souberon xogar mellor as súas cartas para alzarse coa vitoria e o liderado do grupo nun partidazo de baloncesto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu