Estudiantes deu a cara mentres lle acompañaron as forzas

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

IAGO CASTRO – Estudiantes 02

“Tiene mucho mérito competir los partidos con tan pocos jugadores. No tengo nada que reprocharle al equipo, han estado muy bien”

CULLEREDO 86 – ESTUDIANTES 67

Estudiantes 02 terminou cedendo ante Culleredo nun partido marcado pola falta de rotacións por parte dos de Iago Castro, que mentres puideron manter a esixencia física foron moi competitivos.
Os cinco cadetes e dous infantís cos que Estudiantes afrontou o encontro venderon cara a derrota ao comezo do encontro, pero unha vez que os minutos pasaban, Culleredo foi dominando cada vez o rebote con máis autoridade en ambas pinturas, e con iso ampliando a diferenza no marcador ata o definitivo 86-67.
Con dúas derrotas nas dúas primeiras xornadas, os de Iago Castro intentarán recuperar efectivos para recibir na terceira cita a Artai, líder deste grupo da fase de ascenso con pleno de vitorias nos seus tres encontros disputados.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu