Estudiantes despegou na segunda metade

En 1ª División, Alevín

Derbi de poder a poder na primeira parte, na que Maristas xogou o seu mellor baloncesto da tempada

Estudiantes alzouse coa quinta vitoria nos seus sete encontros disputados tras impoñerse a Maristas nun derbi con dous partes moi distintas. A primeira disputouse de poder a poder, ata con lixeiro dominio dos colexiais, que se impuxeron nos tres primeiros parciais para chegar ao descanso con vantaxe de máis catro no marcador.
Mentres que na segunda parte o vendaval celeste monopolizou o encontro con total autoridade. Secaron a un Maristas que tan só puido anotar 19 puntos na segunda parte, mentres que o goteo de canastras de Estudiantes foi continuo grazas a unha intensa defensa que roubou balóns para anotar en rápidas transicións sen apenas oposición.
Con esta vitoria o conxunto que dirixe Zaida Iglesias aséntase no podio da clasificación tralo primeiro encontro da segunda volta, polo que os celestes chegan ao parón de Nadal cos deberes feitos. O mesmo sucede con Maristas nun curso de aprendizaxe no que toman como referencia a primeira parte deste derbi, na que estiveron a un nivel espectacular.

“Contenta con el esfuerzo de todos los jugadores. Tenemos que seguir trabajando para mejorar”ZAIDA IGLESIAS Estudiantes Lugo

“Gran primera parte de todo el equipo. El objetivo es seguir mejorando”ÓSCAR ENGROBA Maristas

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu