Estudiantes depegou tralo descanso cun recital no terceiro cuarto

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“Un tercer cuarto impresionante nos dio la victoria ante un rival muy luchador”

ESTUDIANTES 89 – CULLEREDO 72

Estudiantes asinou a súa oitava vitoria consecutiva na Liga Galega júnior masculina tras impoñerse a Culleredo nun encontro que os celestes desnivelaron cun terceiro cuarto espectacular.
Ata entón cumpriuse o guión previsto, xa que se esperaba a un rival alegre en ataque e con facilidade para anotar desde o tiro exterior. Estudiantes non foi capaz de defender con intensidade e encaixou 23 puntos nos primeiros dez minutos, que foron un intercambio de golpes.
No segundo cuarto Estudiantes mantivo as boas sensacións en ataque e mediado este segundo parcial empezou a poñerse o mono de traballo en defensa, algo que se viu reflectido no marcador co 20-13 que deixaba o partido en 42-36 ao descanso.
Ao comezo da segunda parte Estudiantes soltouse a melena. Os de Riobóo varreron a Culleredo da pista cun xogo espectacular. A defensa secou ao seu rival e en ataque, ademais de facelo coas ideas moi claras, as porcentaxes de acerto foron altísimas.
Deste xeito o encontro rompeuse, cun demoledor 36-10 que deixaba o marcador en 78-46 á media hora de partido.
A partir de aí, no último cuarto, Estudiantes deixouse ir un pouco e Culleredo aproveitouno para maquillar o resultado final cun último parcial de 11-26 co que se pechou o definitivo 89-72.

Próxima xornada
Estudiantes viaxará a Carballo a pola novena vitoria consecutiva antes de recibir a Rosalía nun partido de altos voos que pode ser determinante.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu