Estudiantes, dende o podio ao Nacional?

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

SISE PEINÓ – Estudiantes

“Se acabó la Liga Regular y ya nos toca ir pensando en la fase final”

CLB 60 – ESTUDIANTES 62

Estudiantes presentarase na final four desde o podio da Liga tras finalizar a competición cunha vitoria en Vilagarcía. A partir de agora, o conxunto que dirixe Sise xa centra toda a súa atención en Peleteiro, o seu rival por un posto na gran final.
En Vilagarcía, Estudiantes xogou con lume na primeira parte mentres que na segunda marcou o camiño a seguir nos play off. De inicio o intercambio de canastras marcou o primeiro parcial, 16-17, mentres que no segundo o exceso de relaxación puxo ás celestes contra as cordas tras encaixar un parcial de 19-6, co que se chegou ao descanso con 35-23.
O descanso foi un punto de inflexión, xa que na segunda parte Estudiantes empezou a defender como delas se esperaba e reduciron as distancias aos poucos, pero as locais mandaba aínda por 12 a falta de seis minutos, tempo no que Estudiantes demostrou que todo é posible, ata chegar a empatar nos últimos instantes e gañar o encontro con dous tiros libres anotados por Adriana.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu