Estudiantes continúa o seu traxecto polo bo camiño coa décima vitoria

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

ÁNGEL RIOBOO – Estudiantes

“Da gusto ver la evolución individual de los jugadores a lo largo de la temporada”

MONTROVE 59 – ESTUDIANTES 75

Décima vitoria de Estudiantes, que segue dando pasos para certificar a súa clasificación para a segunda fase. Os celestes atoparon en Oleiros un Montrove máis forte que o da ida, pero a capacidade para saír da presión cunha bo circulación de balón e o atrevemento de cara á canastra permitiulles facerse de novo co triunfo.
O partido comezou con Estudiantes desatado en ataque, que saía con facilidade da presión formulada por Montrove levando a diferenza a 11 puntos, 12-23.
A renda lograda nestes minutos foi clave para o resto do partido no que Montrove se mostrou coma un equipo máis sólido. O xogo igualouse nos seguintes tres cuartos, pero os lucenses conseguiron manter a vantaxe, impedindo que Montrove tivera opcións de darlle a volta ao encontro. 19-19 no segundo cuarto, 11-12 no terceiro e 17-21 nun último periodo no que os celestes volveron estirar o marcador. A vindeira fin de semana os de Ángel Riobóo mediranse con KFC Culleredo, líder invicto do grupo, no Anexo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu