Estudiantes, coas miras altas de cara a segunda volta

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

SISE PEINÓ – Estudiantes

“El balance de la primera vuelta es positivo, pero esperamos mejorar nuestro rendimiento en la segunda vuelta”

ESTUDIANTES 64 – CLB 40 

Estudiantes pechou a primeira volta cunha nova vitoria, a oitava nas once xornadas disputadas que deixan ás celestes coas espadas no alto de cara á segunda volta da competición.
Na última cita ás lucenses custoulles meterse no encontro. Sise viuse obrigado a pedir un tempo morto no primeiro cuarto para reactivar ao seu equipo, e este cámbiolle a cara ao encontro para terminar o primeiro parcial con 17-10.
A boa dinámica continuou no segundo parcial, 15-9, para chegar ao descanso con 32-19.
Na segunda parte, de novo houbo picos de intensidade alta e baixa, pero Estudiantes controlou sempre o partido sen a máis mínima sensación de que o seu rival puidese meterse na loita pola vitoria.
Na próxima xornada, a primeira da segunda volta, Estudiantes mídese con Ensino nun partido que se disputará o mércores día 31.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu