Estudiantes clasifícase para o Galego pola porta grande tras gañar a Giraldo por KO

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

JULIA PENA – Estudiantes

“Hemos hecho un partido espectacular”

ESTUDIANTES 68 – GIRALDO 18

Estudiantes selou a súa clasificación para o título Galego pola porta máis grande, ao impoñerse nun espectacular encontro a Giraldo por KO, 68-18.
O conxunto que dirixe Julia Pena suma por vitorias os nove encontros disputados, e eran conscientes de que gañando este último terían unha praza asegurada entre os oito mellores equipos galegos infantiles. As celestes non especularon e varreron da pista a un Giraldo que se xogaba moito no Anexo, e que no partido da primeira volta puxera en problemas ás lucenses.
Desde o inicio a intensidade e a concentración defensiva raiaron a un gran nivel. Pero o despegue chegou no segundo cuarto, cuns porcentaxes de acerto brillantes en ataque, tanto en rápidas transicións como en estático, firmando un parcial demoledor de 24-5 que deixaba o marcador en 40-14 ao descanso.
Lonxe de relaxarse, o showtime celeste continuou na segunda parte, deixando a Giraldo en tan só dous canastras anotadas para pechar o marcador antes do final e selar así a súa clasificación para o Galego.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu