Estudiantes chega en plena forma á cita grande da tempada

En 1ª División, Alevín

GEMMA – Estudiantes

“Nos vamos contentas tras el último partido, y pese a no haber jugado como mejor sabemos encaramos con ilusión esta semana previa a la fase final” 

PÍO XII 48 – ESTUDIANTES 80

Estudiantes puxo o punto e final á segunda fase con pleno de vitorias, igual que fixo o Celta no sur, polo que os dous equipos chegan á fase final do campionato galego de minibasket como cabezas de serie o que lles permite estar xa en semifinais.
Os seus rivais sairán dos duelos entre segundos e terceiros de ambos grupos. No caso de Estudiantes verase as caras co vencedor da eliminatoria entre Sigaltec e Carmelitas.
A última parada das de Gemma antes de chegar á Estrada foi en Santiago, onde se impuxeron a Pío XII. Estudiantes sempre levou o mando no marcador malia non realizar un xogo do todo fluído, sobre todo en estático.
Unha vez sentenciado o encontro antes do descanso, ao terminar a primeira parte con 24-50, Estudiantes foise desconectando aos poucos do encontro, ao poñer xa toda a súa atención na Estrada, onde se disputará a fase final.
Rosalía aproveitou a relaxación lucense para impoñerse no último parcial 18-5, maquillando deste xeito o resultado final.
A próxima cita das celestes será nas semifinais, onde xa esperan final para asaltar un posto na gran final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu