Estudiantes chega en forma á primeira “final”

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“Seguimos trabajando sabiendo que nuestros objetivos deportivos dependen del día a día ”

ESTUDIANTES 97 – SIGALTEC 70

Estudiantes finalizou a primeira volta da Liga Galega júnior masculino nun gran estado de forma e coas espadas en todo o alto de cara á segunda volta, que se presenta vibrante na competición galega máis igualada e con máis alternativas abertas no alto da clasificación.
O conxunto que dirixe Ángel Riobóo chega ao ecuador da competición desde o podio da clasificación, no terceiro posto, pero a próxima xornada recibe a Ourense Termal nun partido no que de gañar por cinco puntos ou máis, asaltarían a segunda posición.
Esta última xornada era vital para o futuro, e Estudiantes encarou o encontro ante Sigaltec sendo consciente diso e esperando noticias dos duelos directos entre os seus principais rivais, dos que Obradoiro saíu reforzado tras impoñerse con autoridade a Rosalía no derbi compostelán, 67-99 e Ourense Termal a Tui, 82-72.
Con todo iso, Estudiantes saíu a polo partido sen especular e cun gran acerto no tiro, terminando o primeiro parcial con 30 puntos e non baixando dos 20 en ningún dos tres seguintes.
Con 30-21 nos primeiros dez minutos, os celestes tomaron o mando do encontro e ampliaron a diferenza para chegar ao descanso con máis 10, 50-40.
A sensación de superioridade era maior do que indicaba o marcador, pero Estudiantes sempre tivo o encontro onde quería e ata o aproveitou para repartir minutos de calidade entre todos os xogadores para afrontar do mellor modo posible a próxima cita, sinalada en vermello no calendario celeste.
Tralo descanso, cun 20-17, o encontro quedou sentenciado, pero nos últimos dez minutos os de Riobóo encheron o depósito de confianza cun último parcial de 27-13 que deixou o marcador no definitivo 97-70.
Por diante, unha semana de adestramentos para chegar na mellor forma posible ao encontro ante Ourense, no que intentarán recuperar o average de 5 puntos e asaltar a segunda praza da Liga Galega júnior masculina.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu