Estudiantes cadete masculino pecha o ano 2017 ao grande

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal grande

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“Cando controlamos o rebote defensivo, decantamos o partido ao noso favor ”

ESTUDIANTES 68 – OBRADOIRO 62

Estudiantes volveu á senda da vitoria na Liga Galega cadete masculina tras impoñerse nun complicado encontro a Obradoiro, poñendo o punto e final a un 2017 cheo de contrastes.
Os celestes, que descenderon a mediados de ano, volveron pola porta grande á máxima competición e chegan ao parón Nadal cunha carta de presentación de 7 vitorias e unha derrota, o que lles pon no grupo de aspirantes ao título galego.
Trala primeira derrota do curso en Santiago a pasada xornada, nesta chegaba a Lugo outro dos grandes da competición, Obradoiro.
Os dous equipos mostraron o seu potencial desde o inicio, coa superioridade no rebote ofensivo por parte dun Obradoiro que se mantivo con opcións ao longo do encontro grazas a iso. Pola súa banda Estudiantes empezou cunha circulación de balón en ataque moi boa, o que lles permitiu tomar as primeiras vantaxes no marcador, 22-16.
O segundo parcial foi unha dor de moas para os lucenses, acumulando moitas perdas de balón, a maioría por malas decisións en contraataques. Obradoiro foi máis regular e con iso deulle a volta ao marcador cun segundo parcial de 11-20 para chegar ao descanso con 33-36.
Cando peor pintan as cousas Estudiantes está sacando a súa mellor versión e, neste encontro, a reacción tralo descanso foi moi boa.
Os celestes puxéronse o mono de traballo en defensa e deixaron a Obradoiro en tan só 8 puntos. Mentres que en ataque, á marxe dalgunha lagoa na circulación de balón en media pista, Estudiantes tivo lucidez para volver tomar as rendas do marcador de cara a uns dez últimos minutos nos que Obradoiro vendeu cara a derrota, pero terminou cedendo ante un Estudiantes que cargou o xogo interior e tivo a cabeza fría nas posesións determinantes.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu