Estudiantes asegurouse o podio da Liga Galega

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

JULIA PENA – Estudiantes

“La defensa, una vez más, y el ataque fueron las claves de este encuentro”J

ESTUDIANTES 61 – ALLARIZ 47

Estudiantes asegurouse unha praza no podio da Liga Regular tras impoñerse a Allariz nun duelo directo pola terceira praza no Anexo. Un partido que pode repetirse nas semifinais dos play off, no que estaría en xogo unha praza no Campionato de España infantil feminino, ao que acudirán tres equipos galegos.
A visita de Allariz tiña dobre importancia polo tanto. Primeiro por alcanzar o terceiro posto e segundo por ter unha proba de contacto fiable nun duelo directo que se pode repetir. Estudiantes entrou ao encontro coa intensidade adecuada. Concentradas e coas ideas claras para asinar un gran primeiro cuarto, 24-12.
En defensa as celestes secaron á xogadora referencia do xogo interior visitante, pero no perímetro Candela foi un incordio e evitou que Estudiantes rompese o marcador ao seu favor anotando 10 dos 14 puntos de Allariz no segundo parcial.
Ao descanso chegouse con 36-26 no marcador, pero as boas sensacións continuaron na segunda parte na que Estudiantes abriu mais oco cun terceiro parcial de 11-6 e sentenciou o partido, mandando un aviso a Allariz, ante o que posiblemente veranse as caras nas semifinais dos play off.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu