Estudiantes asegurou o subcampionato galego a unha xornada do final

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“Muy contentos con la temporada y con el subcampeonato. Las niñas evolucionaron mucho”

BOSCO 36 – ESTUDIANTES 67

Estudiantes afrontaba o partido en Ourense coa ilusión de proclamarse subcampioas galegas.
As de Fernán Varela non quixeron confiarse malia ter enfronte a un Bosco que non conseguiu gañar ningún partido nesta segunda fase, e tiveron razón en non facelo xa que as locais demostraron ser un equipo que compite ben na casa anotándose o primeiro parcial, 12-2.
Con todo, este resultado inicial quedou nun espellismo a medida que as lucenses se foron metendo no partido e comezaron a marcar o ritmo a partir da defensa, lanzando contras para anotar e dominando o rebote para roubar balóns e convertir segundas opcións. No segundo período cumpriron á perfección con esta proposta de xogo, cun parcial de 5-23 que marcaba o camiño vitoria. Á volta do descanso, selaron o triunfo con outros dous parciais favorables, 13-15 e 3-14.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu