Estudiantes infantil asaltou outro fortín e pode rematar o ano invicto

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

JAVI PEINÓ – Estudiantes

“Ganamos en una cancha muy complicada. Aún así hay que mejorar mucho defensivamente”

ROSALÍA 78 – ESTUDIANTES 90

Estudiantes asaltou un novo fortín, o de Rosalía, tras impoñerse nunha das pistas máis complicadas da categoría e manter deste xeito o pleno de vitorias a falta de tan só unha xornada para terminar un 2017, co que esta xeración pode engadir un ano máis sen coñecer a derrota.
Lonxe de especular o máis mínimo, Estudiantes saltou á pista con moita intensidade ante Rosalía, o que lle permitiu aos de Javi Peinó tomar as primeiras vantaxes no marcador, por encima dos cinco puntos de diferenza. Pero Rosalía tamén demostrou que é un bo equipo e non se deixou vencer tan fácil. Unha boa reacción dos composteláns comprimiu o marcador ata o 18-17 co que finalizou o primeiro cuarto.
Ata o descanso o encontro disputouse de poder a poder, cun intercambio de canastras que terminou con 21-23, co que Estudiantes se puxo por diante ao descanso.
Ao comezo da segunda parte Rosalía tivo momentos de moi bo baloncesto, polo que os lucenses tiveron que poñerse o mono de traballo e apelar ao acerto en ataque para manterse no partido. Unha vez aguantado o tipo, aos últimos dez minutos Estudiantes chegou máis fresco, físicamente e de ideas, polo que cometeu menos erros e puido desnivelar a balanza ao seu favor cun último cuarto moi bo que se viu reflectido no marcador, 18-27 para asinar o definitivo 78-90.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu