Estudiantes arrancou a segunda fase cunha vitoria no tempo extra

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“Partido moi emocionante, con alternativas no marcador e resolto nunha prórroga moi disputada”

MARÍN 73 – ESTUDIANTES 78

Estudiantes debutou na segunda fase cunha importante vitoria en Marín, nun disputado e emocionante encontro que se tivo que resolver no tempo extra.
De saída os lucenses estiveron moi ben, con movilidade en ataque e obtendo vantaxes no xogo interior. Ademais a todo isto acompañáballe a solidez defensiva que permitía correr e anotar con fluidez en rápidas transicións.
Iso viuse reflectido no marcador co 11-17 do primeiro cuarto. Xa no segundo, Marín exhibiu a súa artillería desde a liña de tres puntos, anotando ata cinco no segundo parcial, no que ademais implantaron unha defensa zonal dous tres que mantiveron ata o final e coa que lle deron a volta ao marcador antes do descanso, 35-34.
Ao comezo da segunda parte a Estudiantes volveulle a custar meterse no partido, como noutros encontros. Non tiveron tanta fluidez co balón e a defensa zonal puxo en problemas ao ataque celeste, polo que Marín foise no marcador ata os sete puntos de vantaxe para encarar os últimos dez minutos de xogo.
Estudiantes apelou á casta e o orgullo, reaccionou e subiu as porcentaxes de acerto no tiro exterior para recortar puntos e poñerse por diante no marcador. Con todo, Marín aínda non dixera a última palabra e conseguiu forzar a prórroga.
No tempo extra o acerto desde a liña de persoal de Estudiantes púxolle por diante e deulle tranquilidade para afrontar o desenlace final dun vibrante encontro do que os de Pablo Abuín saen reforzados.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu