Estudiantes álzase co título de campión do Grupo Norte a falta de dúas xornadas

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

JAVI PEINÓ – Estudiantes

“Muy contento por el esfuerzo de los 8 jugadores disponibles”

BASQUET CORUÑA 67 – ESTUDIANTES 96

Estudiantes segue intratable e esta xornada alzouse co título do Grupo Norte da Liga Galega infantil masculina tras impoñerse a Basquet Coruña nun encontro no que Javi Peinó tan só puido contar con oito xogadores.
Os lucenses presentáronse na Coruña conscientes de que unha nova vitoria lles daría o título a falta de dúas xornadas, nas que esperan chegar invictos á segunda fase na que estará en xogo o título Galego e unha das dúas prazas para disputar o Campionato de España infantil masculino.
A folla de ruta dos celestes púxose a proba, especialmente polas ausencias de xogadores claves para Javi Peinó, pero Estudiantes, lonxe de lamentarse ou condicionar o seu xogo polas ausencias, deu un golpe sobre a mesa nos primeiros dez minutos cun parcial de 13-30 co que tomaron as rendas no marcador.
O ritmo de xogo imposto polos lucenses no primeiro cuarto foi moi alto, imposible de manter con rotacións tan curtas, polo que o segundo e terceiro parcial foron moito máis igualados, 21-19 e 20-23.
Con todo, a diferenza do primeiro cuarto foi máis que suficiente para ter o encontro controlado en todo momento, e ata nos últimos dez minutos Estudiantes volveu gustarse para poñer o broche a un bo encontro cun último parcial de 13-24.
O campión de grupo recibirá na próxima xornada a Rosalía nun encontro no que o resultado terase en conta na segunda fase, e despedirá a primeira fase ante Obradoiro en Santiago.
Estudiantes, con 12 vitorias nas 12 xornadas disputadas, plantarase como favorito na segunda fase na que se citarán os oito mellores equipos galegos infantís. No grupo sur, Porriño preséntase como o rival a bater ao manterse invicto como Estudiantes na primeira fase.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu