Estudiantes acudiu a Santiago con moitas ausencias no seu último partido

En 1ª División, Alevín

IAGO CASTRO – Estudiantes

“Enhorabuena a Rosalía por una merecida victoria. Nosotros seguiremos mejorando”

PÍO XII 74  – ESTUDIANTES 53

Estudiantes puxo o punto e final á tempada en Santiago, onde os de Iago Castro medíronse con Pío XII nun partido marcado polas ausencias por parte dos celestes.
Ante elas, por diferentes motivos, o adestrador lucense tirou de dous xogadores en idade premini, Nayo e Rubén Carreira.
Á marxe das ausencias, Pío XII mostrou o seu potencial desde os primeiros minutos. Un nivel de xogo que non se ve reflectido na clasificación, pero a nivel de formación os composteláns son un dos mellores conxuntos deste grupo.
Estudiantes non tivo opcións de loitar pola vitoria pero competiu ata o último segundo, co que puxo o punto e final a nivel competitivo, pero os celestes seguirán adestrando malia acabar xa a tempada para seguir mellorando de cara aos próximos cursos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu