Estudiantes 03, Ribadeo e Burela seguen invictos tras tres xornadas

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal

 

CB BURELA 69 – ESTUDIANTES 03 

ORAL DESIGN 50 – MGR SARRIA 30

HIERROS FERREIRO 105 – AXSC 16

RIBADEO 108 – CELTAS FOZ 29

ESTUDIANTES 02 79 – CIDADE 54

 

Estudiantes 02 e Cidade de Lugo xogaron o encontro de máis rivalidade na terceira xornada da Liga Provincial. Os celestes seguen invictos tras o derbi no que foron máis regulares que os seus rivais. Cidade freou o seu bo inicio, 18-4, no primeiro cuarto, cun cambio en defensa, presionando a toda pista, co que conseguiu recortar a distancia no marcador ata os 6 puntos. Tras o paso polos vestiarios, os locais volveron a tomar a iniciativa en ataque, cun gran acerto dende a liña de tres que levou a distancia ata os 21 puntos ao final do terceiro cuarto. No último período Cidade volveu reducir a vantaxe local a 12 puntos, pero a falta de forzas e de ideas para consumar a remontada permitiron que Estudiantes pechase o partido sen apuros.
O equipo de Iago Castro logrou así o seu terceiro triunfo. Os estudiantís seguen invictos, igual que o Ribadeo, que impuxo a súa superioridade con contundencia ante o Celtas Foz, e o CB Burela, que tivo que empregarse a fondo para superar a Estudiantes 03. O equipo de Manolo Cobas sacou o partido adiante grazas á renda acumulada na primeira metade, 41-24. Tras o descanso os estudiantís endureceron a súa defensa e equilibraron o encontro, como reflicten os parciais do terceiro e último cuarto, 16-15 e 12-11, respectivamente.
A xornada completouse con dous encontros entre equipos do mesmo club.
No Novo Chanto, xogaron o Oral Design e o MGR. Os dous conxuntos afrontaron con moitas gañas un derbi controlado no marcador polos “locais”, pero con moi bos momentos do MGR que, tras o descanso, conseguiu meterlle unha marcha máis o partido con boas accións ofensivas e defensivas que culminaron cun terceiro cuarto ao seu favor, 10-12.
No encontro entre Hierros e Sagrado Corazón tampouco houbo sorpresas. O equipo de Rubén Engroba amosou a súa superioridade dende o inicio, rompendo o partido xa na primeira parte.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu