Estudiantes 02 remata a tempada cunha vitoria ante Culleredo

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

IAGO CASTRO – Estudiantes 02

“Ha sido un privilegio poder entrenar a este equipo. Se lo merecen todo”

ESTUDIANTES 02 84 – KFC CULLEREDO 64

Os de Iago Castro conseguiron gañar no último partido da tempada ante KFC Culle e, ademais, recuperaron o basketaverage ante os herculinos para rematar segundos nesta Fase de Ascenso á Liga galega cadete, só por detrás dun intratable Artai, con 6 vitorias noutros tantos encontros.
Os estudiantís chegaron a esta fase tras proclamarse campións provinciais, con dezasete vitorias e tan só unha derrota, e deron a cara en tódolos encontros, pese a que ao longo destas seis xornadas acusaron moitas baixas que non lles permitiron competir ao seu mellor nivel, aínda que sempre contaron con xogadores de idade infantil que se foron rodando ao longo destes partidos de cara á vindeira temporada.
O encontro do domingo só tivo un dominador, Estudiantes, que ao longo dos 40 minutos levou o mando do encontro nun dos partidos máis completos de todo o ano.
Correndo ao contraataque e tomando decisións intelixentes á hora de mover o balón ata encontrar ao mellor tirador -cun total de 13 triplos- os celestes foron conseguindo as primeiras vantaxes para ir sempre por diante no marcador, grazas tamén a unha gran defensa que fixo moi poucas concesións.
Así, o resultado final de 84-64 a favor do conxunto capitalino poñía fin a unha tempada na que os de Iago Castro fan un balance máis que positivo, cun total de vinte vitorias e tan só catro derrotas.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu