Estudiantes 02 pode ser campión esta fin de semana

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

ESTU 02 89 – CB BURELA 62

HUERROS 81 – CB RIBADEO 68

CIDADE 52 – MGR 42

CB CELTAS 55 – ORAL DESIGN 60

 

Estudiantes 02 ten tódalas papeletas para facerse co título masculino tras impoñerse esta fin de semana a CB Burela. Os de Iago Castro son campións virtuais xa que dúas vitorias nos dous partidos pendentes, contra Estudiantes 03 e CB Celtas, aseguraríanlles a primeira praza antes de chegar ao duelo directo ante CB Ribadeo na última xornada.
Todo despois dun triunfo ante un rival moi esixente, que mantivo opcións ata o final do terceiro cuarto no que os estudiantís, que sempre foron con vantaxe, romperon definitivamente con dous parciais de 22-15 e 32-19
O camiño de Estudiantes 02 cara o título aclárase tamén pola derrota do CB Ribadeo ante Hierros Ferreiro. Os ribadenses enterraron as súas opcións nun partido igualado no que os capitalinos foron logrando, a base de triplos, pequenas distancias que administraron ata o último cuarto no que sentenciaron cun parcial de 27-18.
Na parte media da táboa o Cidade de Lugo-MGR Sarria resolveuse cunha vitoria local que tamén ten unha lectura moi positiva no equipo sarriao, un conxunto moi distinto ao que na ida caera por case cincuenta puntos de diferenza. So un parcial desfavorable no terceiro cuarto, 16-8, afastou aos de Rubén Pernas de chegar aos intres finais con opcións de gañar.
O outro triunfo da xornada foi para Oral Design CB Sarria. Aquí sí, os sarriaos conseguiron decantar o partido ao seu favor, pero no tempo de prórroga, os de Javi Moya lograron igualar un partido que comezaran mal, cun parcial de 21-14, e no engadido mantiveron a dinámica positiva deixando o marcador no definitivo 55-60.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu