Estudiantes 02 competiu baixo mínimos no seu debut na fase de ascenso

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino

IAGO CASTRO – Estudiantes 02

“Creo que ha sido un castigo excesivo, pero lo hemos dado todo compitiendo”

ARTAI 99 – ESTUDIANTES 57

Estudiantes 02 tivo un complicado debut na fase de ascenso cadete tras alzarse co título de Campións Provinciais.
Iago Castro tan só puido contar con seis xogadores para afrontar este partido ante Artai en Carballo, polo que o encontro, co paso dos minutos, fíxoselles demasiado longo.
Á marxe do marcador final, excesivamente avultado, a entrega dos seis guerreiros celestes foi espectacular. O primeiro cuarto de hora se xogou de poder a poder, con 24-22 no primeiro parcial e co marcador igualado no ecuador do segundo. A partir de aí a Estudiantes acendéuselle a luz da reserva e Artai aproveitouno para romper o marcador ao seu favor ata chegar ao descanso con máis 18.
Tralo paso polos vestiarios Artai foi superior, os seus xogadores de segundo ano fixeron valer a súa superioridade física ante os seis de primeiro ano cadete celestes, polo que a diferenza no marcador foise ampliando co paso dos minutos. O cansazo baixou as porcentaxes de acerto de Estudiantes en ataque pero non eclipsou o titánico esforzo que realizaron.
Na próxima xornada os de Iago Castro debutarán como locais en casa nesta fase recibindo a Obradoiro, que vén de perder na xornada inaugural ante Culleredo por 62-75 en Santiago de Compostela.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu