Estudiantes 02, campión cadete provincial xogará a fase de ascenso

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal

CIDADE 54 – CB BURELA 50

ORAL DESIGN 36 – HIERROS 105

CB RIBADEO 65 – ESTUDIANTES 02 54

ESTUDIANTES 03 65 – CB CELTAS 55

MGR SARRIA 59 – AXSC 48

 

O CB Ribadeo pechou a Liga cunha vitoria sobre Estudiantes 02, nun partido que hai dúas semanas apuntaba a final polo título, pero que finalmente chegou coa Liga xa resolta a favor dos estudiantís.
O tropezo dos mariñaos ante Hierros e as vitorias estudiantís nos dous partidos que tiñan aprazados, contra Estudiantes 03 (106-45) e Sagrado Corazón (42-56), resolveron a Liga por anticipado.
Sen embargo, Ribadeo tiña un reto para si, os de Rubal querían clausurar cunha vitoria dous anos brillantes na categoría, con só tres derrotas en dous anos. Despois dun inicio con dúbidas, os ribadenses aumentaron a intensidade e empezaron a acumular vantaxes ata levala máis aló dos 25 puntos, aínda que nos minutos finais a diferenza se reducise.
Hierros e Cidade de Lugo, que remataron na terceira e cuarta praza, pecharon a Liga con dúas vitorias. Os de Rubén Engroba impuxéronse a Oral Design, mentres que Cidade venceu a Burela nun partido marcado polo dominio do rebote defensivo dos capitalinos e moi axustado no marcador, con catro puntos de diferenza ao final.
MGR Sarria e Estudiantes 03 asinaron os outros triunfos da xornada, en partidos tamén competidos, fronte a Sagrado Corazón e Celtas Foz.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu