Estrea pletórica do Burela infantil

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino, Principal

O equipo de Madar debutou na fase de Ascenso cunha vitoria coral ante Noia e agarda na primeira praza polo Basquet Coruña

 

CB BURELA 68 – CB NOIA 36

O Academia A Mariña CB Burela entrou con paso firme na fase de Ascenso á liga infantil galega.

O equipo de Madar estreouse na competición cunha ampla vitoria sobre o CB Noia en Vista Alegre e pasa a primeira semana no liderado do Grupo Norte, o obxectivo polo que loitar durante o resto das xornadas.
No debut todas as xogadoras tiveron protagonismo contribuíndo a un triunfo que empezou a tomar forma no primeiro periodo, cun parcial contundente, 18-5.
Cunha forte defensa que lles permitiu saír e anotar en transicións rápidas e acertadas tamén nos tiros de media distancia en accións de ataque estático, as burelás foron ampliando a diferenza, gañando todos os parciais: 7-3, antes do descanso, nos minutos máis frouxos do partido, 25-14 no terceiro periodo e 18-14 no derradeiro cuarto.
Tras a cómoda vitoria ante o CB Noia, o conxunto de Madar prepárase para a visita ao Basquet Coruña, que tamén gañou o encontro inaugural ante o Baxi Ferrol,o cuarto equipo en liza na loita por unha praza na liga galega.

 

“Buen partido en líneas generales de todas las jugadoras” MADAR Academia A Mariña CB Burela

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu