Esther decantou a balanza con 19 puntos ante un correoso Pío XII

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

JUAN NÉCEGA – Ensino

“Victoria sufrida y muy necesaria. Supimos mantener los nervios en un final de partido apretado”

PÍO XII 53 – ENSINO 64

O Durán Maquinaria Ensino tivo que poñerse o mono de traballo en Santiago para impoñerse a un Pío XII que pese a ser un equipo recienascendido dará moito que falar esta tempada.
As compostelás mantivéronse no partido ata o final, no que o Ensino tirou de veteranía para desnivelar a balanza ao seu favor, guiado por Esther, que se foi ata os 19 puntos.
Ata entón as lucenses empezaran ben o partido e con iso tomaron o mando no marcador, 6-13 no primeiro parcial. A partir de aí o Ensino sempre foi por diante no electrónico, pero non puido descolgar ao seu rival en ningún momento.
Ao descanso o 15-23 demostraba o pechado e duro que estaba sendo o partido na primeira parte. Todo o contrario que na segunda, na que o parcial foi de 38-41 sempre con Ensino por diante pero con intriga ata o final para derrotar a un correoso rival.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu