Esta vez, a Cidade chegoulle cunha boa segunda metade

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

CRISTIAN MARTÍN – Cidade de Lugo

“No debemos relajarnos, no podemos mostrar dos caras tan distintas a lo largo de un mismo encuentro”

PELETEIRO 47 – CIDADE 75

O propio Cidade de Lugo é o seu peor rival neste tramo final de tempada que os de Cristian Martín encaran desde o primeiro posto en solitario na fase de ascenso á Liga Galega infantil. O soño está cada vez máis preto, pero para iso a segunda parte que disputaron en Santiago ante Peleteiro debe ser a folla de ruta.
Si seguen o camiño dos primeiros vinte minutos nas próximas citas, non lles chegará cunha boa segunda parte tan só para saír airosos.
O nivel defensivo na primeira parte foi moi baixo, concedendo canastras fáciles, e cunha notable falta de intensidade no rebote, concederon segundas opcións a un Peleterio que se mantivo vivo no marcador, 29-32 ao descanso.
No intermedio Cristian Martín fixo recapacitar aos seus xogadores, meteunos no partido e con iso Cidade de Lugo cambioulle a cara ao encontro por completo.
Os lucenses empezaron a crecer desde a defensa, con máis agresividade e pechando ben o rebote, o que lles permitiu correr e atacar mellor. Ademais, con confianza, subiron as porcentaxes de acerto no tiro exterior, xogando de xeito intelixente os ataques estáticos no cinco para cinco.
Todo iso viuse reflectido no marcador cun terceiro parcial de 11-17, pero sobre todo nos últimos dez minutos, nos que se impuxeron cun claro e contundente 7-26 no que debe ser o patrón de xogo a seguir nas tres últimas xornadas deste grupo Norte da fase de ascenso á Liga Galega infantil.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu