Esforzo titánico de Ensino tras un discreto inicio

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

AIGOR ROMO – Ensino

“Un partido muy igualado, en el que salgo muy orgulloso del esfuerzo realizado”

BOSCO 55 – ENSINO 42

O Ensino caeu coa cabeza alta ante o segundo clasificado, Bosco Salesianos, nun partido marcado polos primeiros dez minutos nos que as lucenses tiveron pouco acerto en ataque ante un conxunto que empezou moi acertado, 21-9.
A partir de aí viuse outro partido. Lonxe de borrarse, o Ensino empezou a competir de poder a poder ante un gran rival, 14-12 no segundo parcial, para chegar ao descanso con 35-21 no marcador.
Defensivamente o Ensino bordouno ao comezo da segunda parte, deixando a todo un Bosco Salesianos en tan só cinco puntos, mentres que en ataque as lucenses xogaron un bo baloncesto, pero faltoulles a guinda do acerto para poder recortar máis distancias no marcador e poder chegar ao tramo final con opcións de vitoria tralo axustado 5-7 do terceiro cuarto.
No último repetiuse o guión do segundo parcial, con máxima igualdade entre dous bos equipos. O Ensino exhibiu a súa fortaleza como grupo ao anotar como mínimo unha canastra todas as xogadoras coas que contou Aigor Romo para este encontro, no que, malia a derrota, saíron coa cabeza alta.
O Ensino, xa sen opcións de meterse nos play off ao ter o basketaverage perdido con Peleteiro, intentará despedir a tempada con dúas vitorias ante Franciscanas e Carmelitas.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu