O Ensino xa lle tomou o pulso á Liga con dúas vitorias nos tres últimos encontros

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino, Principal

ADRIÁN GONZÁLEZ – Cidade

“Gran trabajo durante los cuarenta minutos”

ENSINO 59 – BBCA 51

O Cafés Candelas Ensino tomoulle o pulso á Liga Galega infantil demostrando unha gran evolución nos últimos tres encontros, nos que gañou dous e perdeu un a domicilio por tan só 5 puntos.
O conxunto de Adrián González saltou á pista cunha gran predisposición e mantivo a intensidade ao longo do encontro.
A intensidade defensiva inicial propiciou roubos e contragolpes, pero as lucenses tamén atacaron ben o cinco para cinco para tomar o mando no marcador, 19-16.
No segundo cuarto pecharon o rebote e cargárono ben en ataque para poder correr e anotar. Ademais, tiveron acerto desde o tiro libre para ampliar a vantaxe ata o 33-24 co que se chegou ao descanso.
Ao comezo da segunda parte os erros en definicións sinxelas eclipsaron un pouco o bo xogo local, pero aínda así ampliaron a diferenza e chegaron co encontro sentenciado a un último cuarto no que, ao Ensino, aínda lle falta crer un pouco máis e crecer en confianza para mostrar todo o seu potencial.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu