O Ensino tivo as ideas claras no treito decisivo

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Ensino

“El equipo consiguió una victoria de mucho mérito

ENSINO 54 – LA JUNQUERA 50

O Cafés Candelas Ensino viu recompensado o seu esforzo cunha importante vitoria ante La Junquera no Anexo. Un partido duro e disputado que desnivelaron as de Adrián Gónzalez ao seu favor nos minutos finais nos que tiveron as ideas claras e xogaron con seguridade.
De inicio o dominio no rebote defensivo propiciou que o Ensino puidese anotar en rápidas transicións, pero en defensa pasaban por complicacións, de aí ao 11-14 ao final do primeiro parcial. No segundo deron un paso á fronte ao pechar as penetracións, e con boas axudas viuse un equipo máis competitivo. Pese a iso, chegouse ao descanso con 23-27 no marcador.
Ao comezo da segunda parte ao Ensino custoulle un pouco soltarse, pero empezaron a crecer desde a defensa para ir recortando distancias no marcador cun parcial de 12-9. Nos últimos dez minutos, con todo por decidir, o Ensino mostrou a súa mellor versión cun xogo fiable nos momentos clave, co que se alzaron cunha merecida vitoria tralo 19-14 do último cuarto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu